noticias
FEB
02
PACO RODRÍGUEZ, GAÑADOR DE CATRO GOYAS Á MELLOR PRODUCIÓN DE ANIMACIÓN, FALARÁ SOBRE FINANCIACIÓN, COPRODUCIÓN AUDIOVISUAL E TÉCNICAS DE PITCHING

O produtor executivo de Filmax Animation durante seis anos e responsable da produción de películas como Donkei Xote ou Pérez el ratoncito de tus sueños, analizará o entorno legal das coproducións audiovisuais.

XAN
22
FORO "2010: UN NOVO MUNDO AUDIOVISUAL POR DESCUBRIR" A CARGO DE PATRICIA MARCO, DIRECTORA DA DIVISIÓN DE TELEVISIÓN DE TELECINCO


Patricia Marco, directora da División de Televisión de Telecinco, ofrecerá, o próximo venres 29 de xaneiro no Museo da Prensa de La Voz de Galicia, o foro “2010: Un novo mundo audiovisual por descubrir”, no que exporá os cambios na audiencia e nos contidos tras o apagado analóxico.

XAN
20
"Estaba na casa escoitando as nominacións aos Goya, e en cada unha non paraba de chorar da emoción” recoñece Emma Lustres, socia da productora Vaca Films e ex alumna do Máster

Vaca Films, a produtora coruñesa de dous ex alumnos do Máster, fíxose cos dereitos de Celda 211 logo de rexeitalos outra produtora.

XAN
14
“Celda 211”, coproducida por Vaca Films, favorita aos Premios Goya con 16 candidaturas

A cuarta e exitosa película de Daniel Monzón, Celda 211, álzase con dezaseis candidaturas como favorita para a XXIV edición dos premios Goya. Celda 211 competirá nas seccións máis nobres (mellor película e mellor director) cunha das producións máis caras do cine español: Ágora, que acapara 13 candidaturas.

OUT
13
Flores Tristes e Manuel y Elisa, coproducións de TIC TAC Producciones, participarán no Festival de Cine Internacional de Ourense

Flores Tristes, de Teo Manuel Abad, quedou seleccionada para participar na sección competitiva de documentais do Festival de Cine Internacional de Ourense.  Manuel y Elisa, de Manuel Fdez– Valdés participará na sección paralela Panorama Galiza do mesmo festival.

SEP
08
O thriller “Celda 211”, proxecto de Vaca Films, na Mostra de Venecia

Vaca Films, produtora de Emma Lustres e Borja Pena, dous ex alumnos do MPXA, participa no proxecto xunto a Morena Films e Telecinco Cinema.

AGO
26
COPRODUCIÓN DE TIC TAC PRODUCCIONES, PRODUTORA DUNHA EX ALUMNA DO MPXA, NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN

Agua Fría de Mar, da directora costarricense Paz Fábrega e que coproduce Tic Tac Producciones, foi seleccionada para participar no “Cine de Construcción”, do Festival de San Sebastián 2009.

 

AGO
20
Foro: A excelencia nas empresas de comunicación: ¿é rentable a calidade?

Alfonso Sánchez-Tabernero, vicerreitor de Relacións Internacionais e profesor de Empresa Informativa da Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra, falará o próximo 4 de setembro, sobre o incremento da competencia empresarial.

Máster en Produción e Xestión Audiovisual
Máster en Produción e Xestión Audiovisual